Maternosofía

Teño que recoñecelo. Estou máis ocupada do que quixera. Cando chego á casa, despois de pensar como sacar para a fronte unha pequena empresa nunha crise tan grande como a do vintenove, dar aulas, preparalas, pensar en campañas publicitarias, ter reunións coa psicóloga que vai dar a charla do TDAH e ver as contas do día, teño a cabeza coma un bombo. Abro un libro para ler, pero inevitablemente a cabeza váiseme ao salario do mes que ven, á factura da luz da empresa, o aluguer, como o vouCaptura de ecrã de 2015-03-30 11:47:31 conseguir. Sempre a mesma conclusión, reducir gastos, pero se os reduzo, como fago campañas publicitarias?

Buscar inversores. Maneiras de atopalos. Correos electrónicos. Ao mesmo tempo, a miña cabeza anda a desentrañar por que o desemprego das mulleres anda moito máis alto que a dos homes pola conta que me tén. Se o entendo, se cadra podo facer algo por mudalo. En canto comezas a ler, ves que hai algo moito máis profundo que atinxe a toda a sociedade en todos os seus aspetos.

A incerteza destes tempos instalouse na miña vida, e custoulle noites de imsonnio, nas que comecei este blogue. Ás veces tamén leo artigos científicos, nunca se sabe se terei que acabar a tese. Na realidade, boto de menos estar a albiscar cousas descoñecidas até o de agora. Conversas de ciencia con colegas. Que os meus problemas sexan que a concentración de nitrito da moi alta no meu reactor e non que Brais non entende a suma de polinomios. Xa probei a asimilalos con números, esquézome da álxebra para llos ensinar porque sei que non a entende de momento. Leo un artigo sobre metaaprendizaxe na matemática a ver se me da algunha pista. Leo, leo, leo tanto coma sempre, pero cando collo unha novela o meu maxín volta para reducir gastos, campañas publicitarias, tese, situación de cuidados das mulleres… E a novela non me engancha. Fáltame relaxarme, xa o sei.

Pero con este libro non foi así. Foi nas poucas vacacións que tiven durante catro anos, nunha pensionciña en Muros, con vistas ao Mar cando lin este libro en dúas tardes. Houbo unha tempada na que sempre ía alí. Gústame esa vila pequeniña onde a xente está moito na rúa no verán. Onde o galego é unha lingua normal. O libro, comecei a lelo porque mo regalaron e deseguida me engaiolou. Entre todos os pensamentos que me pasan pola cabeza de publicidade, novo curso, falar con pais e nais, cartaz, falar co deseñador, aparece de fondo o tema da maternidade que sempre adío porque teño cousas máis importantes que facer, como asegurarme unha manutención para min mesma. E ademais, todo o que escoito paréceme idealizado. E enganchoume porque ten unha narrativa moi fresca, rápida e dame aquelo que eu quería. Unha muller perfectamente normal, de éxito no seu contorno -todo o que se pode sendo muller e galegofalante- que anda a procura dun instinto que a sociedade di que debemos ter, mas que algunhas non atopamos por ningures. É un libro facil de ler. De feito a capa que está neste post non é do meu libro porque o teño prestado a unha persoa. Encantoulle e será o seu próximo agasallo cando unha amiga en común consiga ficar embarazada.

O feito de elevar a literario algo tan común como é un embarazo, é un fito para o feminismo. E para o galego tamén. Porque é algo do corpo das mulleres especificamente. E a historia xa nos amosa que as mulleres non somos moi ben tratadas na literatura, bon, nen en ningures. Non esperedes un ensaio filosófico nin un manual do embarazo. É, simplesmente, unha historia dunha etapa dunha muller de clase media-alta contada con unha sinceridade abraiante da que eu non sería capaz. Lonxe de mitos e lonxe de idealizacións. Recomendable para todas as persoas. Especialmente para aquelas que están na etapa de poder ser pais ou nais.

A que esperas para o mercar? Si, enténdote, a ver as contas do mes que ven.

Isabel S. Vijande
Engenheira Química em Centro de Estudos Espiral
Engenheira química com DEA e Mestrado em Educaçom. De experiência militante na defesa da terra com Verdegaia e na defesa da língua com a criaçom das Escolas de Ensino Galego Semente. Feminista e co-fundadora do Centro de Estudos Espiral. Biografia completa e currículo.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*